domingo, 14 de febrero de 2010

Os cabaliños góticos

O venres foi a gran festa do entroido no cole. Ante todo quero dar os parabéns ós nenos e ás familias, porque os disfraces foron moi traballados e estaban todos de medo!.



Pola mañá chegaron todos os rapaces moi emocionados, e pasamos un bo anaco ollando uns para ós outros, colocándonos ben os complementos e posando para as fotos. Despois dun anaquiño fomos ó corredor principal do cole para ver os disfraces do resto dos rapaces. Pero esto volo habemos de contar na seguinte entrada.

jueves, 11 de febrero de 2010

O disfraz completo

Hoxe completamos o difrace cos mandadiños de Manolo. Estes foron os nosos modeliños completos:



Máis documentos gráficos para as próximas entradas do blog (como a comilona-degustación de produtos do entroido, ou o pasarrúas e actuación de mañá na Praza Real). Estade atentos á vosa pantalla!!

miércoles, 10 de febrero de 2010

Lunar, garavata e mandil

A semana sigue avanzando e seguimos cos mandadiños do esqueleto Manolo. Hoxe tocaba traer o lunar, a garavata e o mandil. A verdade é que estábamos todos guapísimos. Qué tocará mañá??

lunes, 8 de febrero de 2010

Comeza o entroido!!

Despois duns días de parón do blog, poñémonos outra vez en marcha. Estes días que eu non estiven, os rapaces traballaron un montón, e dende aquí queremos agradecer á profe Alba a súa dedicación. Con ela fixemos actividades tan chulas como este mural, onde as cousas nos quedaron moi clariñas:



Esta semana arranca o entroido, e ata o xoves seguiremos os mandadiños do esqueleto Manolo, igual que o curso pasado. O de hoxe luns, foi: "Se de Entroido queres fardar,un lunar na cara tes que pintar". E aquí nos tedes presumindo de lunar:



Xa temos a Manolo preparado co seguinte mandadiño!!:

martes, 26 de enero de 2010

Novo proxecto

Este trimestre comezamos un novo proxecto en infantil: O CORPO HUMANO. Os proxectos e convinte comezalos polo que máis lles interesa ós rapaces, e como suporedes o faremos partindo dos bebes, nacementos e de preguntas como: ¿de onde vimos?.
Comezamos a semana pasada cunha "tormenta de ideas", onde cada neno aportou as teorías e cousas que sabe, e chegamos a conclusión de que aunque todavía nos queda moito por aprender, xa é un tema que temos falado na casa, con vos, con interese.

Xa varios nenos trouxeron algún conto referente ó tema. Por exemplo, hoxe Rosalía trouxo "¿De donde vengo?", onde, entre outras moitas cousas, aprendimos que para que nazca un bebé é necesaria a intervención de células da mamá e do papá. Esto fixo que Xurxo nos plantease unha pregunta interesante: Si se necesitan un papá e mamá...¿cómo naciu o primer home?. Algúns falaron de maxia, pero quedamos en investigar o tema....

Como vedes, é un tema apaixoante, que conta co interese dos rapaces, por eso vos pedimos a vosa colaboración. A intención e facer unha exposición permanente de libros, DVD, CDs o calquera cousa que se vos ocurra que nos poda axudar a comprender como nacemos e calquer tema relacionado.

domingo, 24 de enero de 2010

O inverno

Xa sabemos que o inverno chegou fai un tempiño, pero nos faltaba darlle un poco de vida á clase e o corredor, e este foi o resutado. Primeiro adornamos unhas bufandas (coloreando e pegando churros de papel seda) para colgar no corredor.



Tamén fixemos un gran mural invernal onde cada un dibuxou o que lle recordaba esta estación: bonecos de neve, roupa quentiña....

lunes, 18 de enero de 2010

Estrenamos sitios

Co cambio de ano e de trimestre, cambiamos tamén de sitio nas mesas. Así que agora temos novos compañeiros de traballo! Aquí vedes como quedou:

(No sitio libre que hai entre Brais e Eva, se senta Marta, que hoxe non veu)