Esta semana o protagonista foi o pedrazo. O martes, antes de chegar ó cole, empezaron a chover pedras conxeladas do ceo, o que nos permitiu sair a observar, tocar e preguntarnos porqué ocurren estas cousas:






Por outra parte tamén querría comentarvos que non sempre dispoño de conexión a internet, e cando onte me enterei da cancelacións das clases, deume moitísima rabia non poder informarvos no blog. En fin, espero que a alguén se lle ocurrise mirar o blog das foquiñas, da profe Ana, que sí o comentaba.
Un saúdo a todos!!
1 comentario:
Non te preocupes por non poder avirsarnos.Penso que case todos nos enteramos de que non habia clase.
Un saúdo.
Publicar un comentario