sábado, 21 de febrero de 2009

O entroido

Xa rematou a semana do entroido, que foi mais ben movidita. Xa vimos nas anteriores entradas como todos participamos nas consignas de Manolo e como fomos ultimando o disfraz. O xoves fixemos unha gran merendola con degustación de productos típicos destas datas, e para que vexades que foi un gran éxito, unha mostra:

A semana foi pasando, e incorporamos os disfraces á nosa rutina diaria...así acabábamos os días:

E por fin chegou o gran día. Todos chegamos guapísimos pola mañá, vestidos de vermello.

Puxemos as cintas que fixemos na cabeza, collemos as maracas...¡e xa estábamos listos para ser o arco da vella!. A verdade e que cando nos xuntamos as cinco clases de infantil quedou un efecto do máis vistoso e xeitoso.

Un ratiño despois fuimos todos o corredor principal do cole para desfilar e poder ver e divertirnos coas ideas de todos os rapaces e, por suposto, tamén dos profes!!

Antes de que nos pasaran a recoller os gaiteiros para dar o paseiño pola rúa, saímos un pouco ó patio. Era curioso ver esa mestura de cores correteando. Finalmente recorremos Pontedeume coa guinda final do baile de "Garbancito", que os nenos disfrutaron.

Eu xa non teño fotos do pasarúas por Pontedeume, porque, obviamente, foime imposible dedicarme a ello. Pero si queredes colaborar e enviar as vosas, e que sexan finalmente incluidas no DVD que vos entregarei a final de curso con tódalas fotos, non tedes máis que enviarmas á dirección de correo electrónico: infantilcouceirofreijomil@gmail.com
Rematamos a xornada comendo as filloas, orellas e demais que sobraron do día anterior!!

Finalmente darvos a noraboa porque os rapaces viñeron guapísimos. Pasade un bo entroido!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Precioso,original y muy bien trabajado...como dirìa mi abuela:"ò largo da semàn eran verdadeiros antroidos".
Ahora toca vivir unos dìas especiales,llenos de color y muchas novedades.
A pasarlo en grande!!!!