Non fai falta que vos conte que onte os nenos tiveron que voltar para casa, e a verdade é que a situación foi o suficientemente extrema (por insalubre) como para tomar esta medida.
A primeira hora os profes encontrámonos coa desagradable sorpresa, primeiro dun olor nauseabundo nada máis entrar pola porta, e logo ver que a nosa clase (e todas as de infantil)estaban cheas de augas fecais. Como comprenderedes, esta non é situación para que rapaces que se tiran polo chan, que todo o tocan e levan as mans a boca con asiduidade...
Xa volo comentei os pais con quen falei, pero dígovos a todos que o poder para facer forza é voso, á vos é a quen faran caso, así que anímovos a pasarvos polo ANPA e solicitar información do que está sucedendo e que cousas podemos facer para arranxar. Todo sexa polo benestar dos nosos fillos.
Aquí vos poño un par de fotiños, e enlaces á TV e prensa:
Noticia no telexornal das 20.00h de onte
Noticia na Voz de Galicia
Noticia na Opinión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
É unha vergonza. A ver onde están os responsables deste desaguisado.
Como xa comentei no blog das foquiñas,pena e vergoña é o que sinto.
Eu tamén penso que todos os pais temos que unirmos e facer forza para solucionar este problema.
Un saúdo.
Horrible.Mi hija dice que del baño sale pis y caca.Horrible.
La visita del conselleiro trajo alguna soluciòn?
El lunes habrà clase?
Quiero suponer que al personal de limpieza le pagaràn horas extras , que no se escatimara en productos y medios para una correcta limpieza de las aulas,mobiliario, espacios comunes...
Espero que se encuentren soluciones.El responsable,supongo que serà la empresa constructora¿no?
Saludos y gracias por esta ventana.
Què ganas de ver las calabazas...Eva nos contò algo... ,de la Marcos y de la Clara!!
Un saludo
Publicar un comentario