miércoles, 18 de noviembre de 2009

O outono na clase dos cabaliños

Aínda que xa sabemos dende setembro que estamos no outono, por fin rematamos de decorar a clase como a estación se merece. Nós, xunto co resto das clases de infantil, adornamos o corredor.



Tamén estivemos facendo entre todos un mural de outono que colocamos para compartilo con todos os compañeiros e o vexan ó pasar pola nosa clase. Debuxamos castañas, árbores, herba, nenos correndo, algunha seta.... aquí estamos todos concentrados coa nosa obra de arte:



E finalmente, o resultado:

3 comentarios:

Mary Carmen dijo...

O mural está precioso.Estes nenos traballan moito e moi ben.
Carlos ten moita gana de veros.Aínda ten unhas décimas de febre.Bueno,espero que o Luns volva ó cole.
Un bico.

MARÍA dijo...

Moitos bicos para Carlos de toda a clase. Esperamos que se poña bo prontiño.
Os cabaliños.

Anónimo dijo...

Còmo trabajan!!!ponen mucho interes se nota.A ver què organizamos para el libro,Eva me dice que lo tengo que hacer yo porque ella no sabe escribir;)
Que Carlos se recupere pronto!