O mércores pasado fixemos unha excursión da que todos quedamos moi contentos, e é que aprendemos moitísimas cousas novas. Ímosvos contar como foi:
O bus deixounos nunha parada e camiñamos un pouquichiño ata a casa da familia de Sabela, que tan amablemente nos convidaron. E nada mais chegar ensináronnos como é o millo e de que xeito se apaña. Despois, cada un de nós puidemos coller unha mazaroca.
Cando tivemos lista a caixa coas mazarocas, cargámola ata a casa, e alí, mentres merendabamos, explicaronnos o que se fai co millo unha vez apañado, como se esfolla, como se debulla, como se pasa polo muíño eléctrico, como se aproveitaban as follas e os carozos fai moitos anos e mesmo puidemos tocar a fariña.
Feito todo isto, chegou a actividade estrela: comer flocos...de millo, por suposto!!
E xa, antes de marchar, vimos o forno da casa, o coello (que estaba debaixo do cabazo) e mais un pitiño.
E xa moi contentos puxemos rumbo ó bus, dando un pequeno paseo. Tamén teño que dicir que o lugar era moi bonito.
Non quero rematar esta entrada do blog, sen agradecer á familia de Sabela a súa hospitalidade e a súa paciencia, que non é fácil recibir case cen nenos de golpe. Moitas grazas!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Que visita tan interesante! muchas gracias a la familia de Sabela y a las profes!!
Ya saben de dónde viene el maíz y las palomitas. Lo bien que se lo pasan con estas cosas y lo mucho que aprenden. Bonita iniciativa
Una salida estupenda.Mucho aprenden.
Gracias a la familia de Sabela.
Un saludo.
Publicar un comentario