Un bo punto de partida para comezar a familiarizarnos coa lectoescritura é o noso nome. Todos os rapaces están desexando saber recoñecelo e escribilo, por eso, dende principio de curso o temos posto en distintas partes da clase (mesas, cubetas...). Pero dende a semana pasada comezamos a dar algún pasiño máis: fixemos una tarxetas coa nosa foto e o nome, que estarán da nosa man e poderemos consultar cando o necesitemos e nos apeteza. O venres estivemos traballando con elas: primeiro as miramos, contamos cantas letras ten o noso nome, si é longo ou curto, si é máis longo que o do compañeiro, buscamos a primeira letra ...

Despois de todo este traballo de observación, puxémonos mans á obra: escribir o noso nome por vez primeira!. Collimos un papeliño, un rotulador e fixándonos en todo o que aprenderamos (por que lado se empeza, as letras van unhas detrás de outras, etc) comezamos a escribir. A verdade é que están moi motivados e todos o fixeron xenial.

O resultado final foi estupendo, e agora colga da nosa parede:

¡E isto non fai máis que comezar!