lunes, 10 de noviembre de 2008

¡Qué medo!

Como xa vos contamos, estes días estivemos traballando o medo. Empezamos facendo unha posta en común coas cousas que nos asustan. Este foi o resultado (si picades na foto o veredes ampliado):


Como vedes hai medos moi diferentes: ós búfalos, á escuridade, os disfraces, meterse baixo a auga...
Con motivo de todo isto, estivemos practicando caras para pegar sustos, igualiño que as cabazas. A verdade é que meten moito medo... e porque non escoitades os gritos aterradores que metían!. Aquí os tedes meténdome sustos - falta Carlos, que tiña o día de "fotos non" :) - :

sábado, 8 de noviembre de 2008

Iniciámonos cos bloques lóxicos


No día a día no cole vamos incorporando novos materiais e xogos que estarán connosco ó longo da nosa escolarización en educación infantil. Esta semana tocoulle o turno ós bloques lóxicos. Son unhas figuriñas de madera coas que podemos irnos familiarizando coas cores e as formas xeométricas.
Repartimos un montonciño por cada mesa e as miramos, tocamos, e cada quen puido facer as apreciacións que quixera (qué lles parecían, para que valían...). A todos gustoulles este novo material, e todos foron quen de facer algo con él: amontoalos por cores, facer unha casiña, xuntar moitos cadrados... Aquí tedes a mostra:

miércoles, 5 de noviembre de 2008

O tempo deunos un respiro

Hoxe o día amenceu soleado, nada que ver coa choiva, frío e vento das últimas xornadas (o normal no outono, por outra parte). Esto quixo dicir que por fin puidemos sair ó recreo, e disfrutar por vez primeira en moitos días do aire libre. Esto foi o que fixemos:
¿O primeiro? lanzarse polo tobogán. Aquí Clara, Ari y Julia esperan a que Eva se lance.



Estivemos facendo carreiras coas carretillas, a ver quen percorría antes o patio:



Rosalía, Aitana e Lucía xogan e bromean coas profes:



Lucas e Sarai sacanme unha foto coas súas "cámaras" (mais bonitas que a miña, por certo):



Pablo estivo moi concentrado coas construccións:



Isto foi todo por hoxe!!

lunes, 3 de noviembre de 2008

O Samaín



O Samaín chegou o xoves ó cole. Puxemos as cabazas a punto, cos seus ollos, bocas, pelo e narises...¡daban moito medo!. As profes Ana e Montse axudaron ós rapaces a dar o toque final, e as levaron ó corredor, para que todo o cole puidese admiralas. Aquí tedes unha mostra:



Ese día tamén rematamos as caretas que tanto susto deron algúns rapaces, e incluso houbo profes que se disfrazaron!. Todo isto vennos moi ben para preparar o conto conxunto de terror, que xa andamos argallando.
Dende aquí damos as gracias ás profes que o xoves axudaron a que todo saíse tan ben.

miércoles, 29 de octubre de 2008

¡FELICIDADES!

Como contábamos onte, hoxe celebramos os cumples. Foi un día moi divertido, ainda que nos lembramos moito de Marta que non puido celebralo por estar enferma. Martiña, un biquiño de toda a clase!!
O primeiro foi darlle a coroa a Carlos para que a decorase ó seu gusto, e quedou ben bonita. Este foi o resultado:

O seguinte foi o que máis éxito tivo: ¡comer a tarta!. Era de galleta, iogur e chocolate, adornada con osiños e plátanos:

E despois de cantar dándolle os parabéns o homenaxeado, acabamos coa tarta enteiriña nun pis pas. Aitana deixanos unha mostra do satisfeitos (e manchados) que quedamos:

E como colofón, cantamos, bailamos, bailamos....

...e bailamos!

martes, 28 de octubre de 2008

Mañá é día de cumples

Mañá mércores, a parte de seguir cos preparativos do Samaín, toca día de cumple. Como a finais de setembro non os puidemos celebrar (co período de adaptación fíxose moi difícil), mañá celebraremos os de agosto, setembro e outubro. Así que Marta e Carlos, preparádevos!!
Estes somos nos esta mañá preparando a tarta que agora mesmo nos espera na neveira do cole:

viernes, 24 de octubre de 2008

O gran éxito da temporada

Pode que estos días os vosos fillos falasen dun "tallarín, que se mueve por aquí, que se mueve por allá", de "un cocodrilo que se metió en la cueva" o de "el mamut que quería volar". Quizás cantasen algo mentres facían xestos... por se alguén todavía non o adivinou, é que resulta que xa temos o gran éxito da temporada. Trátase do "Popurrí del tallarín". Unha canción que piden a todas horas, unha e outra vez, sen cansarse. Así que decidimos compartila con vos, en forma de video,para que vexades cales son os movementos: (é tan só a primeira canción,non atopei ningún corte de vídeo solo con esta canción):