viernes, 3 de octubre de 2008

Poñémonos en marcha!!

Este blog comeza a funcionar. Pouquiño a pouco. A idea é que todos participemos neste proxecto: a mestra, os rapaces, os pais, familiares e amigos. Todos podedes propoñer ideas e suxerencias, a través do mail, do blog, en persona ou da maneira que se vos ocurra. Pola nosa parte, mostraremos o día a día e todo o que vaiamos aprendendo.
Polo de agora, comentar que o nome da clase "A Clase dos cabaliños" foi elexida por votación polos nenos. Foi unha votación moi reñida... moitos querían ser "A clase dos camións"!!!
Comezamos!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

a clase dos camións tamén molaba!
-k

Anónimo dijo...

Ola,estamos moi ledos cá creación deste blog.Podendo ver e participar nas actividades cotiás que facedes.
Moita sorte e un bico dos pais de Carlos.