martes, 11 de noviembre de 2008

O día do peón

Onte, como xa saberedes, celebramos o Día do Peón. Foi un día moi longo, porque fixemos moitiiiisimas cousas. O primeiro foi, pola mañá, adornar cada un o noso peón: estrenamos os rotuladores, e quen quixo lle puxo tamén gomets.

Unha vez rematados, colocamoslle os lápises, e xa estaban listos para bailar. ¡Quedáronnos muy bonitos!

Logo, ó volver do recreo, collimos os abrigos, os nosos peóns e coas pegatinas pegadas na roupa, saímos todos ó corredor do cole para escoitar o manifesto do Día do Peón. Un profe representante de cada ciclo, foi o encargado de ler unha estrofa, e o retrouso recitámolo entre todos.

¡Xa estabamos listos para facer a nosa primeira saída do cole! Agarrámonos todos a unha corda da que tiraba a profe e dirixímonos ó parque que hai al lado do cole. O bo tempo acompañounos e alí bailamos os nosos peóns.

Un ratiño despois estabamos listos para voltar, xa que empezabamos a estar un pouquiño cansados

Así que, da mesma forma que viñemos, marchamos. Agarrámonos á corda e puxemos rumbo ó cole. Teño que dicir, que para ser a primeira saída, aunque cortiña, todo saiu moi ben.
Para rematar quero poñer unha foto que non ten que ver co Día de Peón, pero que me gustou tanto que quería compartir con todos vos:

¡Ata a próxima!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos mal que temos este blog!!!. Non tiña nin idea de que estivérades dando unha volta polo parque. Paréceme estupenda a iniciativa de ensinar este tipo de xogos cos que nos divertimos todos de pequenos. É unha mágoa que se estean a perder, co cal a iniciativa paréceme estupenda.

Anónimo dijo...

Què idea màs chula!!!!!¿Què tal la cuesta hasta el parque?¿No tuvisteis ningùn intento de "fuga"?Por cierto,la peonza que llegò a casa sigue funcionando!!!!

MARÍA dijo...

Pois a verdade é que todos se portaron moi ben, debiu de gustarlle tanto ó de ir agarrando a corda (e que a profe sudase a gota gorda tirando deles), que ninguén intentou fugarse :)