jueves, 20 de noviembre de 2008

O Día Internacional dos Dereitos do Neno

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno, e no cole organizamos unha serie de actividades. A cada curso asignouselle un dereito para traballalo máis a fondo e dalo a coñecer entre todos os nenos do centro. O noso e o da clase das Foquiñas foi: " Tódolos nenos teñen dereito ao amor e comprensión de seus pais e da sociedade".
Este e outros dereitos traballámolos un pouquiño na clase, facendo fincapé na sorte que temos de ter papás, mamás, avós, familia, amigos e profes que nos queiran. Sabemos que unha maneira na que a xente demostra o seu amor e comprensión e con abrazos e bicos, e así o reflexamos no mural que preparamos:

Ó chegar pola mañá, sen siqueira poñer os mandilóns, fomos todos xuntos a entrada do cole.

Alí, cada curso dixo ou leu polo altofalante o dereito que estivo traballando. No noso caso foi Alexia, da clase das foquiñas, unha digna representante de todos os nenos de tres anos. Aquí tedes unha foto do momento (con tanta xente ó redor foi difícil sacar unha mellor):

Máis tarde, xusto antes de merendar, fomos de novo o corredor a ver como quedara o noso mural na parede e a ver os dos demáis nenos do cole. A verdade é que quedaron chulísimos, todos moi orixinais e variados.

Así foi este día de celebración no que espero que todos aprenderamos algo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola!ya echabamos de menos un nuevo post...en casa compartimos las imàgenes,asì nos cuenta algo de ese "gran secreto" que debe ser el cole.
Se les nota a todos interesados y contentos,¿Serà por la visita a los pasillos?¿Serà la sesiòn de maquillaje?
Nuestra hija dice muy orgullosa:"soy un cabaliño!!!!!!!"
Quiero animar a todos los visitantes(que son muchos...) a comentar en el blog."Graciñas" a esta ventana maravillosa.;)

Anónimo dijo...

Ah!Felicitaciones a Alexia,seguro que fue una portavoz estupenda!;)

Anónimo dijo...

Un mural muy bonito y original. Debían de estar muy graciosos todos con los labios pintados.

MARÍA dijo...

A verdade é que estaban graciosísimos. A pena é que como foi un momento de alboroto non lles puden sacar fotos.
Moitas gracias por comentar sempre no blog!

quintob dijo...

Estáis todos os cabaliños guapísimos.
Pilar

Anónimo dijo...

Boas tardes desde Valencia, nos encanta o blog, todos os dias os vemos para asi ver a nosa sobriña e seus compañeiros, e unha pasada fan de todo, enhorabuena!!!!!! moitos biquiños para todos os cabaliños en especial a Carlota, que xa lle queda pouco para cumprir 3 aniños. Hasta pronto.