viernes, 25 de marzo de 2011

Odín

Estos días estamos traballando os deuses vikingos. Para os nenos é estrano que existan moitos deuses e intentan facer comparacións co que estamos "familiarizados".

Empezamos co mais importante: Odín. Era o deus que creou o mundo e os seres humáns. Era moi sabio e o representaban como un ancián barbudo que perdera un ollo nunha aventura. A historia que máis lle chamou a atención, foi que tiña dous corvos, Hugin e Munin, que marchaban cada mañá, cada un polo seu lado, a dar a volta ó mundo, e pola tarde, pousábanse no hombro do deus a contarlle as novedades. Pero tamén tiña dous lobos (Geri e Freki) e o cabalo superveloz de oito patas, Sleipnir.

Fixemos un debuxo de Odín, de como o imaxinaban eles, en compaña de algún do seus animais.


1 comentario:

Sandra dijo...

Asombroso!!!!!!!!Estàn preparàndose para un intercambio con algùn pais nòrdico!!!:Ds